Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Planificar e realizar a montaxe de proxectos de caracterización para medios audiovisuais e escénicos, así como deseñar e realizar próteses, perrucas e maquillaxes sociais, profesionais e artísticas, coordinando os medios técnicos e humanos, e respectando os criterios de calidade, seguridade, protección ambiental e deseño universal.

En que ámbitos se traballa?

En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos de caracterización para producións audiovisuais e escénicas, en talleres e estudios de caracterización e en empresas dedicadas á maquillaxe profesional, onde desenvolven tarefas individuais e en grupo nas áreas funcionais de xestión e supervisión, deseño, organización e prestación de servizos, así como na fabricación de postizos, perrucas e próteses de caracterización, ben como traballadoras e traballadores autónomos ou ben por conta allea.

Que ocupacións se desempeñan?
Caracterizador/ora
Xefe/a de maquillaxe para medios audiovisuais e actividades e actuacións escénicas
Peiteador/ora para caracterización
Maquillador/ora para medios audiovisuais e actividades e actuacións escénicas
Posticeiro/a
Xefe/a de caracterización
Xefe/a de peiteado para espectáculos e medios audiovisuais
Especialista en próteses e efectos especiais de caracterización
Deseñador/ora de personaxes de caracterización
Formador/ora técnico/a en caracterización
Técnico/a comercial
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP1264 Creación de próteses faciais e corporais 213
MP1267 Deseño dixital de personaxes 2D 3D 80
MP1268 Deseño gráfico aplicado 133
MP1271 Formación e orientación laboral 107
MP0685 Planificación e proxectos 107
MP1266 Postizaría 213
MP1269 Produtos de caracterización e maquillaxe 107
MP1261 Caracterización de personaxes 157
MP1263 Efectos especiais a través da maquillaxe 87
MP1272 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP1273 Formación en centros de traballo 384
MP1262 Maquillaxe profesional 193
MP1265 Peiteado para caracterización 140
MP1270 Proxecto de caracterización e maquillaxe profesional 26
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Caracterización e maquillaxe profesional

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
Pontevedra
Vigo