Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Deseñar e organizar proxectos de asesoramento en imaxe persoal, empresarial e institucional, organizar eventos e planificar os procesos de adestramento persoal en habilidades de comunicación, protocolo e usos sociais, respectando criterios de calidade, seguridade, respecto polo ambiente e deseño universal.

En que ámbitos se traballa?

En empresas do sector de servizos dedicadas á asesoría de imaxe persoal, corporativa e pública, ou integrarse en equipos multidisciplinares de calquera empresa, en departamentos de comunicación ou márketing. De igual modo, poden exercer a súa actividade en establecementos dedicados á venda de vestiario, complementos e cosméticos, onde desenvolverán tarefas nas áreas funcionais de deseño dunha nova imaxe persoal, pública e corporativa, e na organización e na prestación de servizos. Actúan por conta propia, cun alto grao de autonomía, asumindo labores de xestión e dirección, ou ben por conta allea, integrándose nun equipo de traballo con persoas cun nivel de cualificación igual, inferior ou superior.

Que ocupacións se desempeñan?
Director/ora técnico/a e artístico/a en producións audiovisuais, escénicas e de moda
Técnico/a de protocolo e cerimonial en institucións públicas e privadas
Experto/a en etiqueta e usos sociais
Asesor/ora consultor/ora de estilismo no vestir
Asesor/ora de estilos e tendencias
Asistente técnico/a de imaxe política, cultural e artística
Asesor/ora en comercios de vestiario e complementos
Asesor/ora de imaxe en medios audiovisuais e de moda
Técnico/a comercial
Asesor/ora consultor/ora de imaxe corporativa
Experto/a en habilidades comunicativas
Técnico/a especialista en gabinetes de relacións públicas
Técnico/a especialista en imaxe en departamento de márketing
Director/ora de gabinete de asesoría de imaxe
Consultor/ora asesor/ora de protocolo e organización de actos e eventos
Asesor/ora na compra de vestiario, complementos, regalos e cosméticos
Asistente persoal no coidado da imaxe
Organizador/ora de vodas
Asesor/ora de prensa especializada en imaxe persoal
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP1181 Asesoría cosmética 133
MP1184 Asesoría de peiteado 187
MP1187 Asesoría estética 187
MP1183 Estilismo en vestiario e complementos 213
MP1191 Formación e orientación laboral 107
MP1188 Habilidades comunicativas 133
MP1182 Deseño de imaxe integral 158
MP1071 Dirección e comercialización 87
MP1192 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP1193 Formación en centros de traballo 384
MP1189 Imaxe corporativa 105
MP1185 Protocolo e organización de eventos 140
MP1190 Proxecto de asesoría de imaxe persoal e corporativa 26
MP1186 Usos sociais 87
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Asesoría de imaxe persoal e corporativa

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
Lugo
Monforte de Lemos
Pontevedra
Vigo