Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Dirixir e supervisar o desenvolvemento dos servizos de peiteado, planificar e realizar tratamentos capilares estéticos e deseñar estilismos de cambio de imaxe, respectando criterios de calidade, seguridade, respecto polo medio e deseño universal.

En que ámbitos se traballa?

Na dirección de procesos de peiteado en empresas dedicadas ao sector e en producións audiovisuais e escénicas, onde se desenvolven tarefas individuais e en grupo nas áreas funcionais de deseño e innovación, organización e prestación de servizos, comercialización, loxística, calidade, prevención de riscos e xestión ambiental. Actúase por conta propia, cun alto grao de autonomía, asumindo labores de xestión e dirección, ou por conta allea, integrándose nun equipo de traballo con persoas dun nivel de cualificación igual, inferior ou superior.

Que ocupacións se desempeñan?
Dirección técnica en empresas de peiteado
Dirección técnica artística de peiteado en producións audiovisuais, escénicas e de moda
Especialista en tratamentos capilares
Asesoría artística de peiteado e estilismo
Especialista en próteses capilares e postizaría
Especialista en consello e avaliación de empresas de peiteado
Experto/a en coidados capilares en clientes con necesidades especiais
Técnico/a en análise capilar
Peiteador/ora especialista
Traballador/ora cualificado/a en clínicas capilares e centros de medicina e cirurxía estética
Técnico/a comercial
Asesoría de imaxe
Formación técnica en peiteado
Asesoría de venda e demostración de produtos e aparellos de peiteado
Asesoría de prensa especializada en imaxe persoal e peiteado
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP1064 Dermotricoloxía 160
MP1074 Formación e orientación laboral 107
MP1072 Peiteado en coidados especiais 80
MP1067 Procedementos e técnicas de peiteado 293
MP0750 Procesos fisiolóxicos e de hixiene en imaxe persoal 133
MP1065 Recursos técnicos e cosméticos 187
MP1071 Dirección e comercialización 87
MP1075 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP1069 Estilismo en peiteado 175
MP1070 Estudo da imaxe 87
MP1076 Formación en centros de traballo 384
MP1068 Peiteados para producións audiovisuais e de moda 123
MP1073 Proxecto de estilismo e dirección de peiteado 26
MP1066 Tratamentos capilares 105
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Estilismo e dirección de peiteado

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña
Coruña, A
Santiago de Compostela
Lugo
Monforte de Lemos
Pontevedra
Vigo