Folletos Web Ciclo
Dirixir e organizar o desenvolvemento dos servizos estéticos, planificar e realizar tratamentos estéticos relacionados coa imaxe e o benestar, e aplicar técnicas estéticas hidrotermais, depilación e implantación de pigmentos, asegurando a calidade, a prevención de riscos laborais e a xestión ambiental.
No sector de coidados da imaxe persoal, no subsector de coidados estéticos, en pequenas e medianas empresas, maioritariamente privadas, nas áreas de tratamentos estéticos integrais, estética hidrotermal, microimplantación de pigmentos, depilación avanzada,masaxe estética e drenaxe, e asesoramento en tratamentos e produtos cosméticos.Trátase de profesionais por conta propia que traballan xestionando a súa propia empresa ou de profesionais por conta allea, que exercen a súa actividade profesional como empregados ou xefes de área ou departamento.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0744 | Aparellos de estética | 133 |
1º | MP0752 | Cosmética aplicada a estética e benestar | 187 |
1º | MP0751 | Dermoestética | 160 |
1º | MP0755 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0747 | Masaxe estética | 240 |
1º | MP0750 | Procesos fisiolóxicos e de hixiene en imaxe persoal | 133 |
2º | MP0746 | Depilación avanzada | 123 |
2º | MP0748 | Drenaxe estética e técnicas por presión | 87 |
2º | MP0756 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP0745 | Estética hidrotermal | 123 |
2º | MP0757 | Formación en centros de traballo | 384 |
2º | MP0749 | Micropigmentación | 105 |
2º | MP0754 | Proxecto de estética integral e benestar | 26 |
2º | MP0753 | Tratamentos estéticos integrais | 139 |
Título de Técnico superior en Estética integral e benestar
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.