Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Configurar e optimizar sistemas mecatrónicos industriais, así como planificar, supervisar e/ou executar a súa montaxe e o seu mantemento, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais, e de respecto ambiental.

En que ámbitos se traballa?

En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos, a xestión e a supervisión da montaxe, e o mantemento de sistemas mecatrónicos ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea.

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en planificación e programación de procesos de mantemento de instalacións de maquinaria e equipamento industrial
Xefe/a de equipo de montadores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial
Xefe/a de equipo de mantedores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0938 Elementos de máquinas 107
MP0946 Formación e orientación laboral 107
MP0939 Procesos de fabricación 213
MP0940 Representación gráfica de sistemas mecatrónicos 133
MP0937 Sistemas eléctricos e electrónicos 213
MP0935 Sistemas mecánicos 187
MP0941 Configuración de sistemas mecatrónicos 140
MP0947 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0948 Formación en centros de traballo 384
MP0943 Integración de sistemas 157
MP0942 Procesos e xestión de mantemento e calidade 105
MP0945 Proxecto de mecatrónica industrial 26
MP0944 Simulación de sistemas mecatrónicos 70
MP0936 Sistemas hidráulicos e pneumáticos 105
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Mecatrónica industrial

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia