Folletos Web Ciclo
Desenvolver proxectos e planificar a montaxe das instalacións térmicas e de fluídos en edificios e procesos industriais, de acordo cos regulamentos e as normas establecidas, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade, de prevención de riscos laborais e de protección do medio.
Nas industrias de montaxe e mantemento de instalacións térmicas e de fluídos relacionadas cos subsectores de climatización (calefacción, refrixeración e ventilación) e produción de auga quente sanitaria, no sector industrial, e no de edificación e obra civil.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0124 | Enerxías renovables e eficiencia enerxética | 80 |
1º | MP0121 | Equipamentos e instalacións térmicas | 213 |
1º | MP0130 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0122 | Procesos de montaxe de instalacións | 213 |
1º | MP0123 | Representación gráfica de instalacións | 160 |
1º | MP0120 | Sistemas eléctricos e automáticos | 187 |
2º | MP0125 | Configuración de instalacións de climatización, calefacción e AQS | 175 |
2º | MP0127 | Configuración de instalacións de fluídos | 140 |
2º | MP0126 | Configuración de instalacións frigoríficas | 157 |
2º | MP0131 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP0132 | Formación en centros de traballo | 384 |
2º | MP0128 | Planificación da montaxe de instalacións | 105 |
2º | MP0129 | Proxecto de instalacións térmicas e de fluídos | 26 |
Título de Técnico superior en Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.