Folletos Web Ciclo
A competencia xeral deste título consiste en dirixir e organizar a produción e o servizo de alimentos e bebidas en restauración, determinando ofertas e recursos, controlando as actividades propias do aprovisionamento, cumprindo os obxectivos económicos, seguindo os protocolos de calidade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, e prevención de riscos laborais e protección ambiental.
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas de restauración do sector público ou do privado. Neste caso, realizan as súas funcións baixo a dependencia da dirección ou a xerencia dun restaurante, ou do superior xerárquico equivalente. Tamén poden desenvolver a súa actividade profesional no ámbito do comercio de viños e outras bebidas, ben na venda directa, ou ben na distribución ou na asesoría.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0496 | Control do aprovisionamento de materias primas | 53 |
1º | MP0514 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0502 | Gastronomía e nutrición | 53 |
1º | MP0179 | Inglés profesional | 160 |
1º | MP0509 | Procesos de servizos en bar-cafetaría | 240 |
1º | MP0510 | Procesos de servizos en restaurante | 267 |
1º | MP0501 | Xestión da calidade, e da seguridade e hixiene alimentarias | 80 |
2º | MP0515 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP0516 | Formación en centros de traballo | 384 |
2º | MP0512 | Planificación e dirección de servizos e eventos en restauración | 140 |
2º | MP0513 | Proxecto de dirección de servizos en restauración | 26 |
2º | MP0504 | Recursos humanos e dirección de equipos en restauración | 53 |
2º | MP0180 | Segunda lingua estranxeira | 157 |
2º | MP0511 | Sommelier | 157 |
2º | MP0503 | Xestión administrativa e comercial en restauración | 70 |
Título de Técnico superior en Dirección de servizos de restauración
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.