Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Programar e realizar viaxes combinadas e calquera tipo de eventos, e vender servizos turísticos en axencias de viaxes e a través doutras unidades de distribución, propondo ac-cións para o desenvolvemento dos seus programas de márketing e asegurando a satisfacción da clientela.

En que ámbitos se traballa?

No sector turístico, no subsector das axencias de viaxes polo miúdo, por xunto e mixtas, así como nas axencias especializadas en recepción e eventos. Trátase de traballadores e traballadoras por conta propia que xestionan a súa propia axencia de viaxes ou eventos, ou por conta allea que exercen a súa actividade profesional como empregados/as ou xefes/as de oficina ou de departamento, nas áreas funcionais de administración, de reservas, de produto, e de venda de servizos e produtos turísticos e eventos.

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de oficina de axencia de viaxes
Xefe/a de departamento en axencia de viaxes
Axente de viaxes
Consultor/ora de viaxes
Organizador/ora de eventos
Vendedor/ora de servizos de viaxe e viaxes programadas
Promotor/ora comercial de viaxes e servizos turísticos
Empregado/a do departamento de reservas (“booking”)
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0383 Destinos turísticos 213
MP0171 Estrutura do mercado turístico 133
MP0401 Formación e orientación laboral 107
MP0179 Inglés profesional 160
MP0173 Márketing turístico 160
MP0384 Recursos turísticos 187
MP0399 Dirección de entidades de intermediación turística 87
MP0402 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0403 Formación en centros de traballo 384
MP0172 Protocolo e relacións públicas 105
MP0400 Proxecto de axencias de viaxes e xestión de eventos 26
MP0180 Segunda lingua estranxeira 157
MP0398 Venda de servizos turísticos 123
MP0397 Xestión de produtos turísticos 105
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Axencias de viaxes e xestión de eventos

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña
Ourense
Ourense
Pontevedra