Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Organizar e controlar establecementos de aloxamento turístico, aplicando as políticas empresariais establecidas, controlando obxectivos dos departamentos, accións comerciais e os resultados económicos do establecemento, prestando o servizo na área de aloxamento e asegurando a satisfacción da clientela.

En que ámbitos se traballa?

No sector turístico, nomeadamente no subsector dos aloxamentos turísticos hoteleiros e extrahoteleiros, incluíndo tamén algúns tipos afíns, como as residencias sanitarias, hospitalarias e de estudantes, entre outras, independentemente da súa su modalidade. Trátase de persoal fundamentalmente por conta allea, dado o grande investimento en inmobilizado que adoita supor o aloxamento, e que exerce as súas actividades en labores de xestión, dirección e supervisión en áreas funcionais de recepción, reservas, pisos e eventos.

Que ocupacións se desempeñan?
Subdirector/ora de aloxamentos de establecementos turísticos
Xefe/a de recepción
Encargado/a de reservas
Xefe/a de reservas
Coordinador/ora de calidade
Gobernante/a ou encargado/a xeral do servizo de pisos e limpeza
Subgobernante/a ou encargado/a de sección do servizo de pisos e limpeza
Xestor/ora de aloxamento en residencias, hospitais e similares
Xestor/ora de aloxamento en casas rurais
Coordinador/ora de eventos
Xefe/a de vendas en establecementos de aloxamentos turísticos
Comercial de establecementos de aloxamentos turísticos
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0174 Dirección de aloxamentos turísticos 240
MP0171 Estrutura do mercado turístico 133
MP0182 Formación e orientación laboral 107
MP0179 Inglés profesional 160
MP0173 Márketing turístico 160
MP0176 Recepción e reservas 160
MP0178 Comercialización de eventos 123
MP0183 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0184 Formación en centros de traballo 384
MP0172 Protocolo e relacións públicas 105
MP0181 Proxecto xestión de aloxamento turístico 26
MP0177 Recursos humanos no aloxamento 87
MP0180 Segunda lingua estranxeira 157
MP0175 Xestión do departamento de pisos 105
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Xestión de aloxamentos turísticos

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña
Santiago de Compostela
Ourense
Vilamarín
Pontevedra