Folletos Web Ciclo
Deseñar produtos de fabricación mecánica, utensilios de procesamento de chapa, moldes e modelos para polímeros, fundición, forxa, estampación ou pulvimetalurxia, asegurando a calidade, e cumprindo a normativa de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.
En industrias transformadoras de metais, polímeros, elastómeros e materiais compostos relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0429 | Deseño de moldes e modelos de fundición | 133 |
1º | MP0427 | Deseño de produtos mecánicos | 320 |
1º | MP0434 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0245 | Representación gráfica en fabricación mecánica | 213 |
1º | MP0432 | Técnicas de fabricación mecánica | 187 |
2º | MP0431 | Automatización da fabricación | 210 |
2º | MP0430 | Deseño de moldes para produtos poliméricos | 140 |
2º | MP0428 | Deseño de utensilios de procesamento de chapa e estampación | 227 |
2º | MP0435 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP0436 | Formación en centros de traballo | 384 |
2º | MP0433 | Proxecto de deseño de produtos mecánicos | 26 |
Título de Técnico superior en Deseño en fabricación mecánica
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.