Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Deseñar produtos de caldeiraría, estruturas metálicas e instalacións de tubaxe industrial, e planificar, programar e controlar a súa produción, partindo da documentación do proceso e as especificacións dos produtos que se fabriquen, asegurando a calidade da xestión e dos produtos, así como a supervisión dos sistemas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

En industrias dedicadas á fabricación de grandes depósitos, caldeiraría grosa e tubaxe industrial, talleres mecánicos, construción de carrozarías, remolques e caixas abatibles, construción e reparación naval, instalacións petroquímicas, material de transporte, montaxe e reparación de construcións metálicas, no ámbito da produción de construcións metálicas encadradas no sector industrial.

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en construción mecánica
Encargado/a de fabricación en construcións metálicas
Encargado/a de montadores en construcións metálicas
Delineante proxectista de caldeiraría e estruturas metálicas
Técnico/a en deseño asistido por computador (cad) de caldeiraría e estruturas metálicas
Deseñador/ora técnico/a de caldeiraría e estruturas
Programador/ora de sistemas automatizados en fabricación mecánica
Programador/ora da produción en fabricación mecánica
Técnico/a en desenvolvemento de tubaxes
Xefe/a de taller en construcións metálicas e montaxe
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0246 Deseño de construcións metálicas 267
MP0251 Formación e orientación laboral 107
MP0248 Procesos de mecanizado, corte e conformación en construcións metálicas 213
MP0162 Programación de sistemas automáticos de fabricación mecánica 160
MP0245 Representación gráfica en fabricación mecánica 213
MP0247 Definición de procesos de construcións metálicas 140
MP0252 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0253 Formación en centros de traballo 384
MP0249 Procesos de unión e montaxe en construcións metálicas 192
MP0163 Programación da produción 140
MP0250 Proxecto de construcións metálicas 26
MP0165 Xestión da calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental 105
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Construcións metálicas

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña
Coruña, A