Folletos Web Ciclo
Planificar, programar e controlar a fabricación por mecanizado e a montaxe de bens de equipamento, partindo da documentación do proceso e das especificacións dos produtos que se fabriquen, asegurando a calidade da xestión e dos produtos, así como a supervisión dos sistemas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.
En industrias transformadoras de metais relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0160 | Definición de procesos de mecanizado, conformación e montaxe | 213 |
1º | MP0164 | Execución de procesos de fabricación | 187 |
1º | MP0168 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0007 | Interpretación gráfica | 133 |
1º | MP0162 | Programación de sistemas automáticos de fabricación mecánica | 160 |
1º | MP0166 | Verificación de produtos | 160 |
2º | MP0169 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP0161 | Fabricación asistida por computador (CAM) | 70 |
2º | MP0170 | Formación en centros de traballo | 384 |
2º | MP0002 | Mecanizado por control numérico | 262 |
2º | MP0163 | Programación da produción | 140 |
2º | MP0167 | Proxecto de fabricación de produtos mecánicos | 26 |
2º | MP0165 | Xestión da calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental | 105 |
Título de Técnico superior en Programación da produción en fabricación mecánica
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.