Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Organizar a pé de obra traballos de execución de edificación e obra civil, xestionando recursos, coordinando faenas e controlando unidades de obra realizadas, consonte as especificacións do proxecto, a planificación da obra, as instrucións recibidas, a normativa aplicable e as condicións establecidas en materia ambiental, de calidade, de seguridade e de saúde laboral.

En que ámbitos se traballa?

En pequenas, medianas e grandes empresas construtoras, administracións públicas, estudos de arquitectura e enxeñaría, e consultoras.

Que ocupacións se desempeñan?
Encargados/as e xefes/as de equipo en obras estruturais da construción, de obra de edificación en xeral, e de obras de rehabilitación e reforma en edificación
Xefe/a de taller e/ou encargado/a de traballadores/as de acabamento de edificios
Capataz en construción de edificios
Encargado/a de obra civil en xeral, de movemento de terras, de firmes e pavimentos, e de obra civil en conducións e canalizacións
Axudante de xefe/a de oficina técnica
Axudante de planificador/ora
Axudante de técnico/a de control de custos
Técnico/a de control documental
Especialista en implantacións
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP1290 Control de estruturas de construcción 80
MP1287 Documentación de proxectos e obras de construcción 160
MP0562 Estruturas de construción 107
MP1295 Formación e orientación laboral 107
MP0565 Implantacións de construción 133
MP1288 Procesos construtivos en edificación 213
MP1289 Procesos construtivos en obra civil 160
MP1292 Control de execución en obra civil 87
MP1291 Control de execución en obras de edificación 123
MP1296 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP1297 Formación en centros de traballo 384
MP0564 Medicións e valoracións de construción 87
MP0566 Planificación de construción 87
MP1294 Proxecto de organización e control de obras de construción 26
MP1293 Rehabilitación e conservación de obras de construción 193
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Organización e control de obras de construción

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña
Coruña, A