Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Elaborar a documentación técnica de proxectos de obra civil e de ordenación do territorio, realizar levantamentos e implantacións de obras de construción e xestionar o control documental para a súa execución, respectando a normativa e as condicións establecidas de calidade, seguridade e ambiente.

En que ámbitos se traballa?

Como traballadores autónomos ou asalariados en estudos de delineación, de arquitectura e de enxeñaría, promotoras, empresas de servizos técnicos e consultorías, empresas construtoras, concesionarias e de explotación, e empresas doutros sectores cuxas actividades presenten unha marcada incidencia territorial con actividades de explotación de recursos naturais e Administracións públicas. A súa actividade está regulada.

Que ocupacións se desempeñan?
Delineante proxectista de estradas
Delineante proxectista de urbanización
Delineante de obra civil
Delineante de servizos urbanos
Práctico en topografía
Especialista en levantamento de terreos
Especialista en levantamento de construcións
Especialista en implantacións
Aparellista
Delineante de topografía
Axudante de xefe/a de oficina técnica
Axudante de planificador/ora
Axudante de técnico/a de control de custos
Técnico/a de control documental
Maquetista de construción
Delineante proxectista de redes e sistemas de distribución de fluídos
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0562 Estruturas de construción 107
MP0775 Formación e orientación laboral 107
MP0565 Implantacións de construción 133
MP0770 Redes e servizos en obra civil 133
MP0563 Representacións de construción 347
MP0769 Urbanismo e obra civil 133
MP0773 Desenvolvemento de proxectos de obras lineais 105
MP0772 Desenvolvemento de proxectos urbanísticos 175
MP0776 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0777 Formación en centros de traballo 384
MP0771 Levantamentos topográficos 123
MP0564 Medicións e valoracións de construción 87
MP0566 Planificación de construción 87
MP0774 Proxecto en obra civil 26
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Proxectos de obra civil

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña
Coruña, A