Folletos Web Ciclo
Xestionar as operacións comerciais de compravenda e distribución de produtos e servizos, e organizar a implantación e a animación de espazos comerciais, segundo criterios de calidade, seguridade e prevención de riscos, aplicando a normativa.
En empresas de calquera sector produtivo e nomeadamente do sector do comercio e o márketing públicos e privados, realizando funcións de planificación, organización e xestión de actividades de compravenda de produtos e servizos, así como de deseño, implantación e xestión de espazos comerciais. Trátase de traballadores e traballadoras por conta propia que xestionen a súa empresa realizando actividades de compravenda de produtos e servizos, ou por conta allea, que exerzan a súa actividade no departamento de vendas, comercial ou de márketing, dentro dos subsectores de: Industria, comercio e agricultura, nos departamentos de vendas, comercial ou de márketing; empresas de distribución comercial por xunto e/ou polo miúdo, nos departa-mentos de compras, vendas, deseño e implantación de espazos comerciais, comercial ou de márketing; entidades financeiras e de seguros, nos departamentos de vendas, comercial ou de márketing; empresas intermediarias no comercio como axencias comerciais, empresas de asesoramento comercial e xurídico, etc; empresas importadoras, exportadoras e distribuidoras-comercializadoras; empresas de loxística e transporte; asociacións, institucións, organismos e organizacións non gobernamentais (ONG).
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0933 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0179 | Inglés profesional | 160 |
1º | MP1010 | Investigación comercial | 132 |
1º | MP0931 | Márketing dixital | 187 |
1º | MP0930 | Políticas de márketing | 187 |
1º | MP0623 | Xestión económica e financeira da empresa | 187 |
2º | MP0926 | Escaparatismo e deseño de espazos comerciais | 105 |
2º | MP0934 | Formación en centros de traballo | 384 |
2º | MP0625 | Loxística de almacenamento | 123 |
2º | MP0626 | Loxística de aprovisionamento | 105 |
2º | MP0928 | Organización de equipos de vendas | 87 |
2º | MP0932 | Proxecto de xestión de vendas e espazos comerciais | 26 |
2º | MP0929 | Técnicas de venda e negociación | 105 |
2º | MP0927 | Xestión de produtos e promocións no punto de venda | 105 |
Título de Técnico superior en Xestión de vendas e espazos comerciais
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.