Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Planificar e xestionar os procesos de importación e exportación, e de introdución e expedición de mercadorías, aplicando a lexislación, no marco dos obxectivos e dos procedementos establecidos.

En que ámbitos se traballa?

En empresas de calquera sector produtivo, nomeadamente do sector do comercio e márketing público e privado, realizando funcións de planificación, organización, xestión e asesoramento de actividades de comercio internacional. Trátase de traballadores e traballadoras por conta propia que xestionan a súa empresa, realizando actividades de comercio internacional, ou por conta allea, que exercen a súa actividade no departamento de comercio internacional dentro dos subsectores de: industria, comercio e agricultura, no departamento de comercio internacional, entidades financeiras e de seguros, no departamento de exterior, empresas intermediarias no comercio internacional, como axencias transitarias, axencias comerciais, empresas consignatarias, axencias de alfándegas, empresas de asesoramento comercial e xurídico, etc, empresas importadoras, exportadoras e distribuidoras-comercializadoras, empresas de loxística e transporte, asociacións, institucións, organismos e organizacións non gobernamentais.

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en comercio exterior
Técnico/a de operacións exteriores de entidades financeiras e de seguros
Técnico/a en administración de comercio internacional
Asistente ou adxunto/a de comercio internacional
Axente de comercio internacional
Técnico/a de márketing internacional
Técnico/a de márketing dixital internacional
Técnico/a de venda internacional
Asistente ao departamento de operacións comerciais internacionais
Transitario/a
Consignatario/a de buques
Operador/ora loxístico/a
Xefe/a de almacén
Técnico/a en loxística do transporte
Coordinador/ora loxístico/a
Técnico/a en loxística inversa
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0829 Formación e orientación laboral 107
MP0179 Inglés profesional 160
MP0824 Negociación internacional 132
MP0622 Transporte internacional de mercadorías 187
MP0627 Xestión administrativa do comercio internacional 187
MP0623 Xestión económica e financeira da empresa 187
MP0827 Comercio dixital internacional 105
MP0825 Financiamento internacional 105
MP0830 Formación en centros de traballo 384
MP0625 Loxística de almacenamento 123
MP0826 Medios de pagamento internacionais 87
MP0823 Márketing internacional 123
MP0828 Proxecto de comercio internacional 26
MP0822 Sistema de información de mercados 87
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Comercio internacional

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña
Santiago de Compostela
Lugo
Ourense
Pontevedra
Vigo
Vilagarcía de Arousa