Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en organizar, xestionar e controlar as operacións do transporte de mercadorías e de viaxeiros no ámbito nacional e internacional, e en planificar e xestionar as actividades loxísticas dunha empresa, de acordo coa normativa ecos obxectivos establecidos pola dirección da empresa, no marco da calidade, a seguridade e o respecto ambiental.

En que ámbitos se traballa?

As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas do sector do transporte e a loxística, por conta propia ou por conta allea, realizando funcións de planificación, organización, xestión e comercialización do servizo de transporte e/ou de loxística.

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe de tráfico de empresas de transporte de viaxeiros por estrada, en actividades de transporte e en actividades de transporte combinado
Xefe de operacións, de estación de autobuses, de circulación, de almacén, de administración en transporte terrestre, aéreo, marítimo e multimodal
Xerente da empresa de transporte
Inspector de transporte de viaxeiros por estrada
Xestor de transporte por estrada
Administrativo de servizo de transporte por estrada
Axente de transportes e de carga
Comercial de servizos de transporte
Operador de transporte porta a porta e loxístico
Transitario
Consignatario de buques
Técnico en loxística do transporte e en loxística inversa
Coordinador loxístico
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0624 Comercialización do transporte e a loxística 132
MP0631 Formación e orientación laboral 107
MP0179 Inglés profesional 160
MP0622 Transporte internacional de mercadorías 187
MP0627 Xestión administrativa do comercio internacional 187
MP0623 Xestión económica e financeira da empresa 187
MP0632 Formación en centros de traballo 384
MP0625 Loxística de almacenamento 123
MP0626 Loxística de aprovisionamento 105
MP0629 Organización do transporte de mercadorías 140
MP0628 Organización do transporte de viaxeiros/as 87
MP0630 Proxecto de transporte e loxística 26
MP0621 Xestión administrativa do transporte e a loxística 175
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Transporte e loxística

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña
Santiago de Compostela
Lugo
Ourense
Pontevedra
Pontevedra
Vigo
P
D