Folletos Web Ciclo

CSS



Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia
Ciclo formativo de grao Superior
Título LOE
Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Deseñar produtos gráficos, envases e embalaxes, editar publicacións impresas e electrónicas, xestionar e controlar a produción editorial, realizando a publicación e o servizo de atención á clientela, aplicando os protocolos de calidade, seguridade e prevención de riscos laborais, e asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo ambiente.

En que ámbitos se traballa?

En editoriais, en empresas de publicacións multimedia e de artes gráficas, en empresas de servizos gráficos integrais, de comunicación e de publicidade, así como noutras empresas como as dedicadas ao envasamento e á embalaxe ("packaging") que teñan seccións de deseño estrutural de envases e embalaxes.

Que ocupacións se desempeñan?
Deseñador/ora gráfico/a
Deseñador/ora de publicacións multimedia
Deseñador/ora de envases e embalaxes
Técnico/a en produción editorial
Asistente á edición
Técnico/a en preimpresión
Técnico/a en xestión de produción gráfica
Técnico/a en desenvolvemento e publicación de produtos multimedia
Técnico/a en comercialización de produtos gráficos e multimedia
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP1480 Comercialización de produtos gráficos e atención á clientela 80
MP1479 Deseño de produtos gráficos 267
MP1487 Formación e orientación laboral 107
MP1417 Materiais de produción gráfica 133
MP1478 Organización dos procesos de preimpresión dixital 373
MP1485 Desenvolvemento e publicación de produtos editoriais multimedia 140
MP1484 Deseño e planificación de proxectos editoriais multimedia 140
MP1483 Deseño estrutural de envase e embalaxe 87
MP1488 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP1489 Formación en centros de traballo 384
MP1482 Produción editorial 105
MP1486 Proxecto de deseño e edición de publicacións impresas e multimedia 26
MP1481 Xestión da produción en procesos de edición 105
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
Pontevedra
Pontevedra