Folletos Web Ciclo
Realizar as actividades axeitadas para o desenvolvemento de proxectos de xardíns e zonas verdes, e a xestión da produción de plantas e da produción agrícola, supervisando os traballos, programando e organizando os recursos materiais e humanos dispoñibles, aplicando criterios de rendibilidade económica e cumprindo a normativa ambiental, de produción ecolóxica, de produción en viveiro, de control de calidade, de seguridade alimentaria e de prevención de riscos laborais.
Na área de xestión de empresas públicas e privadas dedicadas á instalación, a restauración e o mantemento de parques e xardíns, restauración da paisaxe, produción agrícola convencional ou ecolóxica, e produción de sementes e plantas en viveiro, por conta allea ou por conta propia. Ademais desenvolve actividades de organización, control e realización de tratamentos praguicidas regulados pola normativa.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0690 | Botánica agronómica | 80 |
1º | MP0698 | Conservación de xardíns e céspedes deportivos | 160 |
1º | MP0692 | Fitopatoloxía | 107 |
1º | MP0700 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0694 | Maquinaria e instalacións agroforestais | 186 |
1º | MP0693 | Topografía agraria | 107 |
1º | MP0691 | Xestión e organización do viveiro | 213 |
2º | MP0697 | Deseño de xardíns e restauración da paisaxe | 175 |
2º | MP0701 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP0702 | Formación en centros de traballo | 384 |
2º | MP0695 | Planificación de cultivos | 193 |
2º | MP0699 | Proxecto de paisaxismo e medio rural | 26 |
2º | MP0696 | Xestión de cultivos | 209 |
Título de Técnico superior en Paisaxismo e medio rural
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.