Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Programar, organizar, supervisar e realizar, de ser o caso, os traballos no monte e en viveiros, controlando e protexendo o medio natural e capacitando as persoas para a conservación e a mellora ambiental, con aplicación dos plans de calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental, de acordo coa lexislación.

En que ámbitos se traballa?

Na área de xestión de empresas, públicas ou privadas, tanto por conta allea como por conta propia, dedicadas á xestión forestal, á cinexético-piscícola, á de viveiros forestais, ao desenvolvemento de programas de educación ambiental, á información, comunicación, formación, interpretación e actividades de acompañamento e guía no medio socio-natural,e a vixilancia do medio natural e os seus recursos. Na extinción de incendios forestaiscomo traballadores das administracións públicas. Así mesmo, para organizar, controlar e realizar tratamentos praguicidas segundo a actividade regulada pola normativa.

Que ocupacións se desempeñan?
Encargado/a de empresas de repoboacións forestais, de corrección hidrolóxico-forestal e de inventario forestal, de tratamentos silvícolas, de loita contra pragas forestais, de construción e mantemento de camiños forestais, de aproveitamentos forestais e de turismo cinexético-piscícola
Coordinador/ora de unidade de prevención e extinción de incendios forestais, de vixiantes de incendios forestais e de vixilancia rural
Traballador/ora por conta propia en reforestación, tratamentos silvícolas e contra pragas e enfermidadesforestais
Práctico/a de topografía
Capataz forestal
Encargado/a de propagación de plantas en viveiro, de recolección de sementes e froitos en altura, de actividades de asistencia técnica para planificar e realizar o seguimento e adecuación dos hábitat acuícola continental e das especies cinexéticas, de repoboacións cinexéticas, piscícolas eastacícolas, de parque natural, reserva de caza, coto, etc., da administración de universidades e centros de investigación
Traballador/ora en control legal de depredadores
Xestor/ora cinexético/a
Axente forestal
Garda de espazos naturais
Educador/oraambiental
Monitor/ora da natureza
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0690 Botánica agronómica 80
MP0692 Fitopatoloxía 107
MP0818 Formación e orientación laboral 107
MP0694 Maquinaria e instalacións agroforestais 186
MP0693 Topografía agraria 107
MP0790 Técnicas de educación ambiental 107
MP0810 Xestión dos aproveitamentos do medio forestal 133
MP0811 Xestión e organización do viveiro forestal 133
MP0816 Defensa contra incendios forestais 105
MP0819 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0820 Formación en centros de traballo 384
MP0817 Proxecto de xestión forestal e conservación do medio 26
MP0812 Xestión cinexética 105
MP0815 Xestión da conservación do medio natural 123
MP0813 Xestión da pesca continental 87
MP0814 Xestión de montes 157
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Xestión forestal e do medio natural

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña
Arzúa
Santiago de Compostela
Pontevedra
Ponteareas