Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Elaborar, xestionar e avaliar proxectos de animación físico-deportivos recreativos para todo tipo de persoas usuarias, programando e dirixindo as actividades de ensino, de inclusión sociodeportiva e de tempo libre, coordinando as actuacións dos/das profesionais implicados/as, garantindo a seguridade, respectando o ambiente e conseguindo a satisfacción das persoas usuarias, nos límites de custo previstos.

En que ámbitos se traballa?

No ámbito público, na Administración xeral, autonómica ou local, en entidades de carácter privado, en grandes, medianas ou pequenas empresas que ofrezan servizos de ensino deportivo, acondicionamento físico, inclusión sociodeportiva e recreación

Que ocupacións se desempeñan?
Profesor/a de actividades físico-deportivas
Animador/a físico-deportivo/a e recreativo/a de actividades de inclusión sociodeportiva
Animador/a físico-deportivo/a e recreativo/a de de veladas e espectáculos en instalacións turísticas
Animador/a físico-deportivo/a e recreativo/a de actividades recreativas ao aire libre en instalacións turísticas
Coordinador/a de actividades de animación deportiva
Coordinador/a de actividades físico-deportivas
Responsable de proxectos de tempo libre educativo infantil e xuvenil
Director/a de tempo libre educativo infantil e xuvenil, de campamentos, de albergues de xuventude, de casas de colonias, de granxas-escola, de aulas de casas de xuventude e escolas de natureza, e de actividades paracurriculares no marco escolar
Xefe/a de departamento de animación turística
Cronometrador/a, xuíz/a e árbitro/a de competicións deportivas non oficiais
Promotor/a deportivo/a de competicións de nivel elemental ou social e de eventos deportivos de nivel básico
Monitor/a de actividades físicodeportivas e recreativas en campamentos de tempo libre
Socorrista en instalacións acuáticas
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP1141 Actividades físicodeportivas de implementos 160
MP1139 Actividades físicodeportivas individuais 186
MP1145 Formación e orientación laboral 107
MP1143 Metodoloxía do ensino de actividades físicodeportivas 107
MP1136 Valoración da condición física e intervención en accidentes 240
MP1138 Xogos e actividades físicorecreativas e de animación turística 160
MP1123 Actividades de lecer e tempo libre 156
MP1140 Actividades físicodeportivas de equipo 140
MP1142 Actividades físicodeportivas para a inclusión social 105
MP1124 Dinamización grupal 123
MP1146 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP1147 Formación en centros de traballo 384
MP1137 Planificación da animación sociodeportiva 53
MP1144 Proxecto de ensino e animación sociodeportiva 26
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Ensinanza e animación sociodeportiva

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia