Folletos Web Ciclo
Asistir a dirección e outros departamentos nas actividades de organización, representación da entidade e funcións administrativa e documental, así como xestionar a información e a comunicación interna e externa, e realizar outras tarefas por delegación, utilizando, en caso necesario, a lingua inglesa e/ou outra lingua estranxeira, aplicando a normativa e os protocolos de xestión de calidade que aseguren a satisfacción da clientela ou dos usuarios, e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.
Ao lado de un ou máis membros directivos ou executivos, ou ben dun equipo de traballo (departamento, proxecto, grupo, etc.) nun contexto de crecente internacionalización. Ten un papel basicamente interpersoal, organizativo e administrativo, que pode desenvolverse en calquera tipo de organización (empresas nacionais ou internacionais, asociacións, axencias gobernamentais, entidades do sector público ou privado, domésticas ou internacionais), que dan cabida a este tipo de profesional. A denominación dos seus postos varía substancialmente dependendo dos costumes profesionais de cada sector, a maior ou menor cualificación esixida polo tipo de traballo, a importancia relativa das actividades que se desempeñan por delegación e o grao de responsabilidade que se lle outorga. Tomando en conta o seu papel específico de apoio a un superior ou grupo de traballo, o persoal asistente de dirección traballa habitualmente por conta allea e actúa só ou formando parte da estrutura dun equipo, e de xeito independente total ou parcialmente.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0651 | Comunicación e atención á clientela | 160 |
1º | MP0665 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0179 | Inglés profesional | 160 |
1º | MP0649 | Ofimática e proceso da información | 240 |
1º | MP0650 | Proceso integral da actividade comercial | 133 |
1º | MP0648 | Recursos humanos e responsabilidade social corporativa | 80 |
1º | MP0647 | Xestión da documentación xurídica e empresarial | 80 |
2º | MP0667 | Formación en centros de traballo | 384 |
2º | MP0662 | Organización de eventos empresariais | 158 |
2º | MP0661 | Protocolo empresarial | 158 |
2º | MP0664 | Proxecto de asistencia á dirección | 26 |
2º | MP0180 | Segunda lingua estranxeira | 157 |
2º | MP0663 | Xestión avanzada da información | 157 |
Título de Técnico superior en Asistencia á dirección
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.