Folletos Web Ciclo
Realizar operacións de mantemento, montaxe de accesorios e transformacións nas áreas de mecánica, hidráulica, pneumática, electricidade e electrónica do sector de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil, axustándose a procedementos e tempos establecidos, e cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
No sector de construción e mantemento de vehículos, nos subsectores de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil: empresas de fabricación de maquinaria agrícola, Empresas de fabricación de maquinaria de industrias extractivas e de edificación e obra civil, empresas de reparación de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil, empresas de montaxe e ensamblaxe de sistemas, de equipamentos e apeiros de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil, empresas de transformación e adaptación de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil, fabricación e distribución de recambios, distribución de equipamentos de diagnose.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0717 | Equipamentos e apeiros | 133 |
1º | MP0719 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0260 | Mecanizado básico | 107 |
1º | MP0452 | Motores | 133 |
1º | MP0456 | Sistemas de carga e arranque | 213 |
1º | MP0714 | Sistemas de suspensión e guía | 267 |
2º | MP0718 | Circuítos eléctricos, electrónicos e de confortabilidade | 123 |
2º | MP0720 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP0721 | Formación en centros de traballo | 410 |
2º | MP0742 | Sistemas auxiliares do motor diésel | 140 |
2º | MP0716 | Sistemas de accionamento de equipamentos e apeiros | 157 |
2º | MP0715 | Sistemas de forza e detención | 157 |
Título de Técnico en Electromecánica de maquinaria
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.