Folletos Web Ciclo
Realizar as operación de reparación, montaxe de accesorios e transformacións do vehículo na área de carrozaría, bastidor, cabina e equipamentos ou apeiros, axustándose a procedementos e tempos establecidos, e cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
Nas industrias de construción e mantemento de vehículos, na área de carrozaría, nos subsectores de automóbiles, vehículos pesados, tractores, maquinaria agrícola, de industrias extractivas, de construción e de obras públicas, e ferrocarrís, así como noutros sectores produtivos onde se realicen traballos de chapa, transformacións e adaptacións de carrozarías, adaptacións e montaxe de equipamentos de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e da construción, en vehículos pesados, e na construción e reparación de elementos de fibra, compostos e pintura.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0254 | Elementos amovibles | 212 |
1º | MP0256 | Elementos fixos | 267 |
1º | MP0255 | Elementos metálicos e sintéticos | 267 |
1º | MP0261 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0260 | Mecanizado básico | 107 |
2º | MP0258 | Elementos estruturais do vehículo | 193 |
2º | MP0259 | Embelecemento de superficies | 212 |
2º | MP0262 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP0263 | Formación en centros de traballo | 410 |
2º | MP0257 | Preparación de superficies | 172 |
Título de Técnico en Carrozaría
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.