Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Realizar as operacións de corte de peles e materiais para a ensamblaxe, a montaxe e o acabamento, de xeito industrial e á medida, de calzado estándar, ortopédico e para espectáculos, e de complementos de moda.

En que ámbitos se traballa?

Empresas e talleres de fabricación industrial de calzado e artigos de marroquinaría dedicadas á preparación, o corte de materiais, a ensamblaxe, a montaxe e o acabamento de calzado e complementos de moda. De igual modo, pode exercer a súa actividade en establecementos dedicados á elaboración artesanal de calzado á medida, ortopédico e para o espectáculo.

Que ocupacións se desempeñan?
Cortador/a de pel e coiro
Cortador/a de pezas para aparaxe e montaxe de calzado
Cortador/a de marroquinaría e luvas en pel e coiro
Operador/a de máquinas cortadoras de pezas de calzado
Cortador/a á man
Cortador/a con máquina
Operador/a de máquinas de preensamblaxe
Operador/a de máquinas de montar, aformar e outras
Operador/a de máquina de vulcanización de pisos de calzado
Operador/a de máquinas de inxección de pisos de calzado
Operador/a de máquinas de acabado de calzado
Operador/a de máquinas para fabricar artigos de marroquinaría
Operador/a de máquina industrial de coser
Opera-dor/a de máquina industrial de bordar (unicabezal e multicabezal)
Operador/a de máquina de acolchado
Operador/a de máquinas de acabamento
Montador/a de calzado a máquina
Montador/a de calzado á man
Zapateiro/a de calzado á medida
Zapateiro/a ortopedista
Almacenista
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0269 Confección industrial 266
MP0267 Corte de materiais 213
MP0608 Formación e orientación laboral 107
MPI011 Lingua estranxeira profesional I 53
MP0275 Materiais téxtiles e pel 187
MP0604 Montaxe e acabamento de calzado 134
MP0611 Calzado e tendencias 70
MP0609 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0610 Formación en centros de traballo 410
MPI012 Lingua estranxeira profesional II 53
MP0603 Montaxe e acabamento de artigos de marroquinaría 87
MP0116 Principios de mantemento electromecánico 105
MP0605 Procesos de elaboración de calzado á medida 53
MP0607 Transformación de calzado para espectáculos 70
MP0606 Técnicas de fabricación de calzado á medida e ortopédico 139
Que título se obtén?

Título de Técnico en Calzado e complementos de moda

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
Lugo
Monforte de Lemos