Folletos Web Ciclo
Confeccionar, tanto á medida coma industrialmente, pezas, complementos e outros artigos en téxtil e pel, cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
En establecementos e industrias de confección e moda dedicadas ao preparado e corte de materiais, á produción de pezas, ao remate industrial de pezas e complementos de vestir en téxtil e pel, e artigos téxtiles para o fogar, usos industriais e deportivos. De igual modo, pode exercer a súa actividade en establecementos dedicados á realización de vestiario á medida.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0269 | Confección industrial | 266 |
1º | MP0267 | Corte de materiais | 213 |
1º | MP0272 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0271 | Información e atención á clientela | 80 |
1º | MP0275 | Materiais téxtiles e pel | 187 |
1º | MP0264 | Moda e tendencias | 107 |
2º | MP0270 | Acabamentos en confección | 140 |
2º | MP0268 | Confección á medida | 209 |
2º | MP0273 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP0274 | Formación en centros de traballo | 410 |
2º | MP0265 | Padróns | 123 |
2º | MP0116 | Principios de mantemento electromecánico | 105 |
Título de Técnico en Confección e moda
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.