Folletos Web Ciclo
Asistir na dispensación e na elaboración de produtos farmacéuticos e afíns, e realizar a venda de produtos parafarmacéuticos, fomentando a promoción da saúde e executando tarefas administrativas e de control de almacén, conforme as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
En establecementos de venda de produtos farmacéuticos, parafarmacéuticos e, en xeral, produtos relacionados coa saúde humana ou animal, así como coa cosmética, a fitoterapia e outros. Do mesmo xeito, pode exercer a súa actividade en pequenos laboratorios de elaboración de produtos farmacéuticos e afíns.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0061 | Anatomofisioloxía e patoloxía básicas | 107 |
1º | MP0101 | Dispensación de produtos farmacéuticos | 213 |
1º | MP0099 | Disposición e venda de produtos | 107 |
1º | MP0106 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0104 | Formulación maxistral | 187 |
1º | MP0103 | Operacións básicas de laboratorio | 239 |
2º | MP0102 | Dispensación de produtos parafarmacéuticos | 210 |
2º | MP0107 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP0108 | Formación en centros de traballo | 410 |
2º | MP0100 | Oficina de farmacia | 157 |
2º | MP0020 | Primeiros auxilios | 53 |
2º | MP0105 | Promoción da saúde | 157 |
Título de Técnico en Farmacia e parafarmacia
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.