Folletos Web Ciclo
Executar as actividades de traslado do paciente ao centro sanitario, prestar atención básica sanitaria e psicolóxica no contorno prehospitalario, levar a cabo actividades de teleoperación e teleasistencia sanitaria, e colaborar na organización e no desenvolvemento dos plans de emerxencia, dos dispositivos de risco previsibles e da loxística sanitaria ante unha emerxencia individual ou colectiva, ou unha catástrofe.
No sector sanitario público ou privado relacionado co traslado de pacientes ou vítimas, e a prestación de atención sanitaria e psicolóxica inicial, coa colaboración na preparación e no desenvolvemento da loxística sanitaria ante emerxencias colectivas ou catástrofes, así como participando na preparación de plans de emerxencia e dispositivos de risco previsible do ámbito da protección civil.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0061 | Anatomofisioloxía e patoloxía básicas | 107 |
1º | MP0058 | Apoio psicolóxico en situacións de emerxencia | 53 |
1º | MP0055 | Atención sanitaria inicial en situacións de emerxencia | 266 |
1º | MP0054 | Dotación sanitaria | 107 |
1º | MP0062 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0053 | Loxística sanitaria en emerxencias | 160 |
1º | MP0052 | Mantemento mecánico preventivo do vehículo | 80 |
1º | MP0060 | Teleemerxencias | 80 |
2º | MP0056 | Atención sanitaria especial en situacións de emerxencia | 227 |
2º | MP0063 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP0057 | Evacuación e traslado de pacientes | 245 |
2º | MP0064 | Formación en centros de traballo | 410 |
2º | MP0059 | Plans de emerxencias e dispositivos de riscos previsibles | 105 |
Título de Técnico en Emerxencias sanitarias
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.