Folletos Web Ciclo
A competencia xeral deste título consiste en operar e manter a planta propulsora e os equipamentos e sistemas do buque, e colaborar na seguridade, na supervivencia e na asistencia sanitaria a bordo, aplicando criterios de calidade e cumprindo os plans de prevención de riscos laborais e ambientais da empresa.
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en buques dedicados ao transporte marítimo de carga e pasaxe, ou en buques pesqueiros, de natureza pública ou privada, dentro dos límites e as atribucións que estableza a Administración competente.
Así mesmo, a súa formación permítelles desempeñar funcións por conta allea ou por conta propia en empresas dedicadas ao mantemento de embarcacións e plantas enerxéticas.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP1033 | Atención sanitaria a bordo | 53 |
1º | MP1178 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0156 | Inglés | 160 |
1º | MP1172 | Mantemento da planta propulsora e maquinaria auxiliar | 240 |
1º | MP1175 | Mantemento das instalacións e máquinas eléctricas en buques e embarcacións | 160 |
1º | MP1173 | Procedementos de mecanizado e soldadura en buques e embarcacións | 240 |
2º | MP1179 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP1180 | Formación en centros de traballo | 410 |
2º | MP1176 | Instalación e mantemento de maquinaria de frío e climatización en buques e embarcacións | 175 |
2º | MP1177 | Procedementos de garda de máquinas | 70 |
2º | MP1174 | Regulación e mantemento de automatismos en buques e embarcacións | 175 |
2º | MP1032 | Seguridade marítima | 157 |
Título de Técnico en Mantemento e control de maquinaria de buques e embarcacións
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.