Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en realizar traballos subacuáticos e hiperbáricos, respirando aire e nitrox, ata a presión e a profundidade máxima que permitan as normas de seguridade vixentes, e manter en condicións de utilización os equipamentos, as ferramentas e/ou o material auxiliar, coa calidade e a eficiencia requiridas, aplicando as técnicas de inmersión asociadas a este título e patroneando embarcacións en augas interiores e próximas á costa, consonte a normativa ambiental e cumprindo as normas de seguridade.

En que ámbitos se traballa?

As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas públicas ou privadas dedicadas ao mergullo profesional e a calquera tipo de traballos en ambientes subacuáticos e hiperbáricos marítimos e subterráneos, patroneando embarcacións en augas interiores e próximas á costa, e naquelas outras que dispoñan entre os seus servizos da recompresión terapéutica ou probas de estanquidade de equipamentos baixo presión.

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe de equipo de mergullo profesional
Mergullador profesional de apoio en inmersións a intervención ata a presión e a profundidade máxima que permitan as normas de seguridade, utilizando aire e nitrox
Operador especialista en cámaras, instalacións e plantas hiperbáricas
Mantemento de equipamentos hiperbáricos en empresas homologadas
Mergullador profesional especialista en corte e soldadura subacuática
Mergullador profesional especialista en inmersións desde campá húmida
Mergullador profesional especialista en construción e obra hidráulica
Mergullador profesional en reparacións en flotación e reflotamentos
Operador auxiliar nos traballos hiperbáricos ata a presión e a profundidade máxima que permitan as normas de seguridade, utilizando aire e nitrox en ambientes confinados subterráneos en hábitats secos ou con fluídos distintos á auga para a realización de perforacións con tuneladoras ou outros equipamentos de perforación
Patrón dedicado ao transporte marítimo de mercadorías e/ou pasaxeiros
Patrón dedicado ao servizos de practicaxe
Patrón dedicado seguridade e salvamento marítimo
Patrón dedicado ao mergullo e investigación
Mariñeiro especialista de cuberta
Mariñeiro especialista de máquinas
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0763 Fisiopatoloxía do mergullo e emerxencias 107
MP0766 Formación e orientación laboral 107
MP0759 Instalacións e equipamentos hiperbáricos 240
MP0758 Intervención hiperbárica con aire e nitrox 346
MP0765 Manobra e propulsión 160
MP0762 Construción e obra hidráulica 140
MP0761 Corte e soldadura 122
MP0767 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0768 Formación en centros de traballo 410
MP1248 Inmersión desde campá húmida 70
MP0764 Navegación 105
MP0760 Reparacións e reflotamentos 140
Que título se obtén?

Título de Técnico en Operacións subacuáticas e hiperbáricas

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia