Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Realizar as actividades destinadas á produción de especies acuícolas e o mantemento básico das instalacións, conseguindo a calidade operacional requirida e cumprindo a normativa de aplicación, a ambiental e a de prevención de riscos laborais.

En que ámbitos se traballa?

En empresas de acuicultura, acuarios, centros de investigación e confrarías de mariscadores, nas áreas de produción de cultivos auxiliares, produción de peixes, d moluscos, e na de mantemento de instalacións acuícolas, por conta propia ou por conta allea.

Que ocupacións se desempeñan?
Traballador de cultivos de fitoplancto e zooplancto
Traballador de cultivos de crustáceos
Traballador de cultivos de peixes de engorde en augas de mar e continentais
Traballador de cultivos de moluscos no medio natural
Traballador en estruturas flotantes ou somerxidas e en parque
Traballador en reprodución de crustáceos e peixes en augas mariñas e continentais
Traballador en cultivo larvario de moluscos crustáceos e peixes en augas mariñas
Reparador e mantedor de edificios e estruturas de cultivo e de circuítos de fluídos en instalacións acuícolas
Instalador, reparador e mantedor de sistemas de cultivo de peixes, moluscos e crustáceos
Reparador, mantedor e axustador de equipamentos de climatización
Mantedor e axustador produción de calor e frío en instalacións acuícolas
Mantedor e axustador filtración en instalacións acuícolas
Mantedor e axustador alimentadores en instalacións acuícolas
Mantedor e axustador bombeamento en instalacións acuícolas
Mantedor e axustador dosificación en instalacións acuícolas
Mantedor e axustador tratamento de fluídos en instalacións acuícolas
Encargado/a de taller en instalacións acuícolas
Xefe/a de equipo de instaladores/oras
Axustadores/oras, reparadores/oras e mantedores/oras en instalacións acuícolas
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0710 Formación e orientación laboral 107
MP0706 Instalacións e equipamentos de cultivo 240
MP0703 Técnicas de cultivos auxiliares 187
MP0705 Técnicas de engorda de moluscos 213
MP0704 Técnicas de engorda de peixes 213
MP0711 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0712 Formación en centros de traballo 410
MP0708 Técnicas de criadeiro de moluscos 192
MP0707 Técnicas de criadeiro de peixes 192
MP0709 Técnicas de cultivo de crustáceos 193
Que título se obtén?

Título de Técnico en Cultivos acuícolas

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia