Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en elaborar e envasar produtos alimentarios de acordo cos plans de produción e calidade, así como efectuar o mantemento de primeiro nivel dos equipamentos, aplicando a lexislación de hixiene e seguridade alimentaria, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.

En que ámbitos se traballa?

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas pequenas, medianas ou grandes, con niveis moi diversos tanto na súa tecnoloxía como na súa organización. Son traballadores e traballadoras por conta allea que se integran nun equipo de traballo con persoas do seu mesmo nivel de cualificación, ou inferior, onde desenvolven tarefas individuais e en grupo nas áreas funcionais de recepción de materias primas e materiais, preparación e manexo de equipamentos de produción, control de operacións de elaboración, envasamento e embalaxe, apoio ao control de calidade, almacenamento e expedición de produtos acabados.En xeral, dependerán organicamente dun mando intermedio, coa excepción de pequenas empresas ou nas que aínda as operacións manuais posúan relevancia, nas que poden exercer funcións de supervisión de operarios e depender, no seu exercicio, directamente da dirección de produción.

Que ocupacións se desempeñan?
Elaborador/ora de produtos alimentarios
Operador/ora de máquinas e equipamentos para o tratamento e a elaboración de produtos alimentarios
Operador/ora e controlador/ora de liñas de envasamento e embalaxe
Recepcionista e almaceneiro/a
Subministrador/ora de materias primas e materiais ás liñas de produción
Dosificador/ora
Supervisor/ora de liña
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0147 Formación e orientación laboral 107
MP0141 Materias primas na industria alimentaria 267
MP0142 Operacións de acondicionamento de materias primas 213
MP0030 Operacións e control de almacén na industria alimentaria 80
MP0031 Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos 53
MP0143 Tratamentos de transformación e conservación 240
MP0148 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0149 Formación en centros de traballo 410
MP0116 Principios de mantemento electromecánico 105
MP0144 Procesamento de produtos alimentarios 175
MP0145 Procesos tecnolóxicos na industria alimentaria 227
MP0146 Venda e comercialización de produtos alimentarios 70
Que título se obtén?

Título de Técnico en Elaboración de produtos alimentarios

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia