Folletos Web Ciclo
Elaborar e presentar produtos de panadaría, repostaría e confeitaría, conducindo as operacións de produción, composición e decoración, en obradoiros e establecementos de restauración, con aplicación da lexislación vixente de hixiene e seguridade alimentaria, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.
En obradoiros artesanais ou semiindustriais que elaboran produtos de panadaría, pastelaría e confeitaría, así como no sector de hostalaría, subsector de restauración, e como elaboradores ou elaboradoras por conta propia ou por conta allea. Tamén exercen a súa actividade no sector do comercio da alimentación en establecementos que elaboran e venden produtos de panadaría, pastelaría e repostaría.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0025 | Elaboracións de panadaría e bolaría | 347 |
1º | MP0033 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0024 | Materias primas e procesos en panadaría, pastelaría e repostaría | 133 |
1º | MP0030 | Operacións e control de almacén na industria alimentaria | 80 |
1º | MP0026 | Procesos básicos de pastelaría e repostaría | 240 |
1º | MP0031 | Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos | 53 |
2º | MP0027 | Elaboracións de confeitaría e outras especialidades | 192 |
2º | MP0034 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP0035 | Formación en centros de traballo | 410 |
2º | MP0032 | Presentación e venda de produtos de panadaría e pastelaría | 70 |
2º | MP0029 | Produtos de obradoiro | 175 |
2º | MP0028 | Sobremesas en restauración | 140 |
Título de Técnico en Panadaría, repostaría e confeitaría
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.