Folletos Web Ciclo
A competencia xeral deste título consiste en realizar sesións de animación musical e visual en vivo e en directo, e efectuar a captación, a mestura directa, a gravación e a reprodución de son en calquera tipo de proxectos sonoros.
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade no ámbito do son para producións de cine, vídeo, televisión, multimedia, radio, industria discográfica, espectáculos e instalacións fixas de sonorización, en grandes, medianas e pequenas empresas, públicas ou privadas, en televisións, produtoras de cine e vídeo, emisoras de radio, produtoras discográficas, empresas de dobraxe, empresas de sonorización e produtoras de espectáculos, e en empresas dedicadas á produción de eventos musicais públicos, tales como bares musicais, discotecas, salas de festa, salas de baile, salas de concertos ou festivais, así como en eventos non estritamente musicais, tales como desfiles de moda, presentacións publicitarias ou feiras de mostras, e en grandes, medianas e pequenas empresas, por conta propia ou allea, dedicadas ao tratamento dixital de imaxes.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP1299 | Captación e gravación de son | 213 |
1º | MP1305 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP1298 | Instalación e montaxe de equipamentos de son | 213 |
1º | MP1301 | Preparación de sesións de vídeo disc-jockey | 187 |
1º | MP1304 | Toma e edición dixital de imaxe | 240 |
2º | MP1302 | Animación musical en vivo | 210 |
2º | MP1303 | Animación visual en vivo | 210 |
2º | MP1300 | Control, edición e mestura de son | 157 |
2º | MP1306 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP1307 | Formación en centros de traballo | 410 |
Título de Técnico en Vídeo disc-jockey e son
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.