Folletos Web Ciclo
Realizar o coidado e o embelecemento do cabelo, a estética de mans e pés e o estilismo masculino, así como comercializar servizos e venda de cosméticos, cumprindo os protocolos de calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental.
En empresas de imaxe persoal dedicadas aos procesos de peiteado de uso social, onde desenvolve tarefas de prestación de servizos, comercialización, aprovisionamento,calidade, protección fronte a riscos e control de efluentes e residuos. Adoitan actuar por conta allea, integrándose en equipos de traballo con persoas cun nivel de cualificación igual, inferior ou superior.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0849 | Análise capilar | 107 |
1º | MP0844 | Cosmética para peiteado | 160 |
1º | MP0636 | Estética de mans e pés | 107 |
1º | MP0851 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0640 | Imaxe corporal e hábitos saudables | 133 |
1º | MP0848 | Peiteado e estilismo masculino | 80 |
1º | MP0842 | Peiteados e recollidos | 266 |
2º | MP0846 | Cambios de forma permanente do cabelo | 87 |
2º | MP0843 | Coloración capilar | 210 |
2º | MP0852 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP0853 | Formación en centros de traballo | 410 |
2º | MP0643 | Márketing e venda en imaxe persoal | 70 |
2º | MP0845 | Técnicas de corte do cabelo | 210 |
Título de Técnico en Peiteado e cosmética capilar
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.