Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Aplicar técnicas de embelecemento persoal e comercializar servizos de estética, cosméticos e perfumes, cumprindo os procedementos de calidade e os requisitos de prevención de riscos laborais e protección ambiental establecidos na normativa.

En que ámbitos se traballa?

En medianas e pequenas empresas que teñen relación directa coa imaxe persoal, nomeadamente en establecementos do sector de servizos de estética e peiteado, e en xeral en establecementos relacionados coa venda de produtos de imaxe persoal, así como coa cosmética, desempeñando tarefas de execución de maquillaxe social, depilación mecánica, tratamentos básicos de hixiene, hidratación facial e corporal, estética de mans e pés, asesoramento sobre perfumes e cosmética natural, así como a comercialización dos produtos e os servizos estéticos, ofrecendo un servizo de atención á clientela da empresa. Podería ser persoal traballador por conta propia efectuando a organización da súa propia empresa.

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a esteticista en centros de beleza e gabinetes de estética
Maquillador/ora
Técnico/a en uñas artificiais
Técnico/a en depilación
Técnico/a en manicura e pedicura
Recepcionista en empresas estéticas
Demostrador/ora de equipamentos
Cosméticos e técnicas estéticas
Axente comercial en empresas do sector
Asesor/ora vendedor/ora en perfumarías e drogarías
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0638 Análise estética 107
MP0641 Cosmetoloxía para estética e beleza 160
MP0636 Estética de mans e pés 107
MP0644 Formación e orientación laboral 107
MP0640 Imaxe corporal e hábitos saudables 133
MP0634 Maquillaxe 160
MP0633 Técnicas de hixiene facial e corporal 186
MP0639 Actividades en cabina de estética 157
MP0635 Depilación mecánica e descoloración da peluxe 140
MP0645 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0646 Formación en centros de traballo 410
MP0643 Márketing e venda en imaxe persoal 70
MP0642 Perfumaría e cosmética natural 105
MP0637 Técnicas de uñas artificiais 105
Que título se obtén?

Título de Técnico en Estética e beleza

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
Pontevedra
Vigo