Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Instalar, configurar e manter sistemas microinformáticos, illados ou en rede, así como redes locais en pequenos contornos, asegurando a súa funcionalidade e aplicando os protocolos establecidos de calidade, seguridade e respecto polo medio.

En que ámbitos se traballa?

En empresas do sector de servizos dedicadas á comercialización, á montaxe e á reparación de equipamentos, redes e servizos microinformáticos en xeral, como parte do soporte informático da organización, ou en entidades de calquera tamaño e calquera sector produtivo que utilicen sistemas microinformáticos e redes de datos para a súa xestión.

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a instaladora/a ou reparador/a de equipamentos informáticos
Técnico/a de soporte informático
Técnico/a de redes de datos
Reparador/a de periféricos de sistemas microinformáticos
Comercial de microinformática
Operador/a de teleasistencia
Operador/a de sistemas
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0223 Aplicacións ofimáticas 240
MP0229 Formación e orientación laboral 107
MP0221 Montaxe e mantemento de equipamentos 240
MP0225 Redes locais 213
MP0222 Sistemas operativos monoposto 160
MP0228 Aplicacións web 123
MP0230 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0231 Formación en centros de traballo 410
MP0226 Seguridade informática 140
MP0227 Servizos en rede 157
MP0224 Sistemas operativos en rede 157
Que título se obtén?

Título de Técnico en Sistemas microinformáticos e redes

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña
Pontevedra