Folletos Web Ciclo
A competencia xeral deste título consiste en extraer e elaborar pedra natural segundo as técnicas e os procesos establecidos, así como en colocala e restaurala, manexando e mantendo ferramentas e maquinaria, e cumprindo as especificacións de calidade, seguridade laboral e protección ambiental.
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade profesional como autónomas ou por conta allea en empresas xeralmente privadas, de tamaño pequeno, mediano ou grande, de pedra natural ou de construción. Así mesmo, poden exercer a súa actividade en talleres de carácter artesanal e artístico, e desenvolven funcións de carácter técnico, cumprindo ordes e logrando obxectivos marcados por persoal técnico dun nivel superior, de quen reciben instrucións e a quen informan.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0887 | Corte de bloques | 107 |
1º | MP0892 | Coñecemento e extracción de pedra | 133 |
1º | MP0889 | Elaboración de pezas | 187 |
1º | MP0897 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MPI017 | Lingua estranxeira profesional I | 53 |
1º | MP0890 | Modelos en obras de pedra | 160 |
1º | MP0896 | Montaxe de pedra natural | 213 |
2º | MP0891 | Comercialización de obras de pedra | 70 |
2º | MP0898 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP0899 | Formación en centros de traballo | 410 |
2º | MPI018 | Lingua estranxeira profesional II | 53 |
2º | MP0894 | Restauración de pedra natural | 140 |
2º | MP0893 | Talla e montaxe de pedra natural | 156 |
2º | MP0895 | Tecnoloxías de mecanizado en piedra natural | 105 |
2º | MP0888 | Tratamentos superficiais | 53 |
Título de Técnico en Pedra natural
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.