Folletos Web Ciclo
Realizar actividades de preparación, presentación e servizo de alimentos e bebidas, así como as de atención á clientela no ámbito da restauración, seguindo os protocolos de seguridade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental.
En empresas grandes, medianas e pequenas, nomeadamente do sector da hostalaría, aínda que tamén pode traballar por conta propia en pequenos establecementos de restauración. Esta profesión desenvólvese en sectores e subsectores produtivos en que se desenvolvan procesos de elaboración e servizo de alimentos e bebidas, como o sector da hostalaría e, no seu marco, as áreas de hostalaría e restauración (tradicional, moderna e colectiva).
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0157 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0156 | Inglés profesional | 160 |
1º | MP0150 | Operacións básicas en bar e cafetaría | 267 |
1º | MP0151 | Operacións básicas en restaurante | 320 |
1º | MP0031 | Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos | 53 |
1º | MP0155 | Técnicas de comunicación en restauración | 53 |
2º | MP0158 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP0159 | Formación en centros de traballo | 410 |
2º | MP0154 | O viño e o seu servizo | 140 |
2º | MP0045 | Ofertas gastronómicas | 87 |
2º | MP0152 | Servizos en bar e cafetaría | 140 |
2º | MP0153 | Servizos en restaurante e eventos especiais | 210 |
Título de Técnico en Servizos en restauración
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.