Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Executar os procesos de fabricación, montaxe e reparación de elementos de caldeiraría, canalizacións, estruturas metálicas e carpintaría metálica aplicando as técnicas de soldadura, de mecanizado e de conformación, e cumprindo as especificacións de calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

Nas industrias de fabricación, reparación e montaxe de produtos de caldeiraría, carpintaría e estrutura relacionadas cos subsectores de construcións metálicas e navais, e de fabricación de vehículos de transporte, encadradas no sector industrial.

Que ocupacións se desempeñan?
Soldador/ora e oxicortador/ora
Operador/ora de proxección térmica
Chapista e caldeireiro/eira
Montador/ora de estruturas metálicas
Carpinteiro/eira metálico/a
Tubeiro/eira industrial de industria pesada
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0096 Formación e orientación laboral 107
MP0007 Interpretación gráfica 133
MP0092 Mecanizado 160
MP0093 Soldadura en atmosfera natural 347
MP0091 Trazado, corte e conformación 213
MP0097 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0098 Formación en centros de traballo 410
MP0006 Metroloxía e ensaios 123
MP0095 Montaxe 193
MP0094 Soldadura en atmosfera protexida 261
Que título se obtén?

Título de Técnico en Soldadura e caldeiraría

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia