Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Executar obras de albanelaría e de formigón, cumprindo as condicións e os prazos establecidos, así como as prescricións de calidade, de seguridade e ambientais,organizando, controlando e valorando os traballos.

En que ámbitos se traballa?

Exércese a actividade no sector da construción, en pequenas, medianas e grandes empresas construtoras, e en Administracións públicas, por conta allea ou por conta propia,desenvolvendo traballos de albanelaría e/ou de formigón para a construción, a rehabilitación, o mantemento e a reforma en edificación e obra civil.

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de equipo de fábricas de albanelaría
Xefe/a de equipo de albaneis de urbanización
Xefe/a de equipo de encofrado
Xefe/a de equipo de ferralla
Xefe/a de taller de ferralla
Xefe/a de equipo de albaneis de cubertas
Xefe/a de equipo e/ou encargado/a de azulexadores/as e solladores/as
Albanel
Colocador/ora de ladrillo cara vista
Colocador/ora de bloque prefabricado
Albanel tabiqueiro
Albanel de pedra de construción
Cachoteiro/a
Oficial de miras
Albanel de urbanización
Pavimentador/ora con lastros
Pavimentador/ora con baldosas e lousas
Pavimentador/ora á base de formigón
Poceiro/a en redes de saneamento
Encofrador/ora
Encofrador/ora de edificación
Encofrador/ora de obra civil
Ferrallista
Albanel de cubertas
Tellador/ora
Montador/ora de tella
Operario/a de lousa
Colocador/ora de lousa
Montador/ora de cubertas de paneis e chapas
Aplicador/ora de revestimentos continuos de fachadas
Azulexador/ora sollador/ora
Instalador/ora de sistemas de impermeabilización en edificios e obra civil
Impermeabilizador/ora de terrazas
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0995 Construción 133
MP0999 Encofrados 160
MP1006 Formación e orientación laboral 107
MP1000 Formigón armado 133
MP0997 Fábricas 160
MP0996 Interpretación de planos de construción 107
MP0998 Revestimentos 160
MP1004 Cubricións 140
MP1343 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP1344 Formación en centros de traballo 410
MP1005 Impermeabilizacións e illamentos 53
MP1002 Obras de urbanización 105
MP1001 Organización de traballos de construción 87
MP1003 Solados, azulexados e chapados 192
Que título se obtén?

Título de Técnico en Construción

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña
Coruña, A
Ourense