Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Desenvolver actividades comerciais en establecementos alimentarios físicos e en liña relacionadas coa planificación comercial, a xestión da loxística de almacenaxe, a distribución e a reposición de produtos alimentarios, e a supervisión das seccións de venda de alimentos perecedoiros e non perecedoiros, e de atención comercial a clientela e provedores, seguindo criterios de calidade e actuando segundo a normativa de prevención de riscos, seguridade alimentaria e protección do/da consumidor/a.

En que ámbitos se traballa?

Ámbito do comercio de produtos alimentarios, físico ou en liña, en calquera empresa ou organización, en tendas retallistas de alimentación ou nos departamentos correspondentes de grandes superficies, tanto por conta propia como por conta allea.

Que ocupacións se desempeñan?
Responsable encargado/a de establecemento alimentario
Responsable encargado/a de sección, sala ou departamento de tenda de alimentación
Xestor/a de pequeño comercio alimentario
Responsable encargado/a de comercios alimentarios en liña
Asesor/a comercial de produtos alimentarios
Vendedor/a de produtos alimentarios
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP1609 Atención comercial en negocios alimentarios 107
MP1613 Comercio electrónico en negocios alimentarios 133
MP1606 Constitución de pequenos negocios alimentarios 107
MP1616 Formación e orientación laboral 107
MP0156 Inglés 160
MP1607 Mercadotecnia do comercio alimentario 107
MP1614 Ofimática aplicada ao comercio alimentario 132
MP1615 Xestión dun comercio alimentario 107
MP1608 Dinamización do punto de venda en comercios de alimentación 105
MP1617 Formación en centros de traballo 410
MP1612 Loxística de produtos alimentarios 175
MP1611 Preparación e acondicionamento de produtos frescos e transformados 245
MP1610 Seguridade e calidade alimentaria no comercio 105
Que título se obtén?

Título de Técnico en Comercialización de produtos alimentarios

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
Lugo
Ourense
Pontevedra
Pontevedra
Vigo