Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Desenvolver actividades de distribución e comercialización de bens e/ou servizos, e en xestionar un pequeno establecemento comercial, aplicando as normas de calidade e seguridade establecidas e respectando a lexislación.

En que ámbitos se traballa?

En calquera sector produtivo dentro da área de comercialización ou nas seccións de establecementos comerciais, realizando actividades de venda de produtos e/ou servizos a través de diversas canles de comercialización, ou ben realizando funcións de organización e xestión do seu propio comercio.Trátase de traballadores e traballadoras por conta propia que xestionan un pequeno comercio ou unha tenda tradicional, ou por conta allea que exercen a súa actividade nos departamentos ou nas seccións de comercialización de calquera empresa ou organización, en diversos subsectores: en establecementos comerciais pequenos, medianos ou grandes, traballando por conta allea en diferentes seccións comerciais; na comercialización de produtos e servizos por conta propia e allea, fóra do establecemento comercial; no departamento comercial de pequenas e medianas empresas (PME) e empresas industriais; no departamento de atención á clientela e ás persoas consumidoras e usua-rias de organismos públicos; en empresas industriais e comerciais grandes e medianas; no sector do comercio polo miúdo.

Que ocupacións se desempeñan?
Vendedor/ora
Vendedor/ora técnico/a
Representante comercial
Orientador/ora comercial
Promotor/ora
Televendedor/ora
Vendedor/ora a distancia
Teleoperador/ora (en "call centers")
Axente de información e atención á clientela
Caixeiro/a ou repoñedor/ora
Operador/ora de "contact centers"
Administrador/ora de contidos en liña
Comerciante de tenda
Xerente de pequeno comercio
Técnico/a en xestión de existencias e almacén
Xefe/a de almacén
Responsable de recepción de mercadorías
Responsable de expedición de mercadorías
Técnico/a en loxística de almacéns
Técnico/a de información e atención á clientela en empresas
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP1233 Aplicacións informáticas para o comercio 133
MP1231 Dinamización do punto de venda 160
MP1236 Formación e orientación laboral 107
MP0156 Inglés profesional 160
MP1226 Márketing na actividade comercial 160
MP1232 Procesos de venda 160
MP1229 Xestión de compras 80
MP1235 Comercio electrónico 123
MP1237 Formación en centros de traballo 410
MP1234 Servizos de atención comercial 87
MP1228 Técnicas de almacén 123
MP1230 Venda técnica 123
MP1227 Xestión dun pequeno comercio 174
Que título se obtén?

Título de Técnico en Actividades comerciais

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
Ourense