Folletos Web Ciclo
Realizar as operacións relativas á postimpresión e os acabamentos gráficos, asegurando a calidade e cumprindo a normativa de seguridade e protección ambiental.
Empresas de artes gráficas, editoriais, de comunicación, de publicidade, de encadernación, imprentas, empresas de packaging, de acabamentos gráficos, de fabricación de complexos e de transformacións de papel e cartón. Tamén poden exercer a súa actividade noutras empresas que teñan seccións de encadernación industrial e fabricación de envases e embalaxes.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP1220 | Elaboración de tapas e arquivadores | 134 |
1º | MP1215 | Encadernación en grampa | 80 |
1º | MP1222 | Formación de envases | 80 |
1º | MP1223 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP1214 | Guillotinaxe e pregado | 160 |
1º | MP0879 | Impresión en flexografía | 213 |
1º | MPI027 | Lingua estranxeira profesional I | 53 |
1º | MP1218 | Materiais para postimpresión | 133 |
2º | MP1224 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP1216 | Encadernación en rústica e tapa dura | 175 |
2º | MP1225 | Formación en centros de traballo | 410 |
2º | MPI028 | Lingua estranxeira profesional II | 53 |
2º | MP1221 | Tratamento superficial do impreso | 175 |
2º | MP1217 | Troquelaxe | 174 |
Título de Técnico en Postimpresión e acabamentos gráficos
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.