Folletos Web Ciclo
Realizar as operacións de ensamblaxe para publicacións electrónicas, tratamento e compaxinación de textos e imaxes, imposición de páxinas, obtención dixital das formas impresoras e impresión con procedementos dixitais, asegurando a calidade e cumprindo a normativa de seguridade e protección ambiental.
En empresas de artes gráficas, prensa, editoriais, comunicación, publicidade, servizos gráficos e de publicacións multimedia, ou en calquera sector produtivo cuxas empresas requiran un departamento de preimpresión dixital que poida ter sección de dixitalización de imaxes, realización de publicacións electrónicas, tratamento de textos e imaxes,compaxinación e maquetaxe, imposición de páxinas, obtención dixital de formas impresoras e impresión dixital.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0872 | Ensamblaxe de publicacións electrónicas | 213 |
1º | MP0874 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0871 | Identificación de materiais en preimpresión | 133 |
1º | MP0867 | Tratamento de imaxes en mapa de bits | 267 |
1º | MP0866 | Tratamento de textos | 240 |
2º | MP0870 | Compaxinación | 228 |
2º | MP0875 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP0876 | Formación en centros de traballo | 410 |
2º | MP0873 | Ilustración vectorial | 87 |
2º | MP0868 | Imposición e obtención dixital da forma impresora | 105 |
2º | MP0869 | Impresión dixital | 157 |
Título de Técnico en Preimpresión dixital
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.