Folletos Web Ciclo
A competencia xeral deste título consiste en instalar, conservar e restaurar xardíns de exterior e interior, así como pradarías para uso deportivo, e realizar as actividades de produción de planta e de floraría, manexando e mantendo a maquinaria e as instalacións, consonte a normativa ambiental, de control de calidade e de prevención de riscos laborais.
Desenvolve a súa actividade en empresas públicas e privadas dedicadas á instalación, o mantemento e a mellora de xardíns de interior, de exterior e de zonas verdes, á produción de plantas e terróns de céspede en viveiro e á creación e elaboración de composicións e ornamentacións con flores e plantas. Ademais, desenvolve actividades de comercialización e distribución, tanto por conta propia como por conta allea. Así mesmo, está capacitado para realizar tratamentos praguicidas, segundo a actividade regulada pola normativa e de acordo coa lexislación sobre prevención de riscos laborais.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0582 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0404 | Fundamentos agronómicos | 159 |
1º | MP0576 | Implantación de xardíns e zonas verdes | 134 |
1º | MP0408 | Infraestruturas e instalacións agrícolas | 107 |
1º | MP0409 | Principios de sanidade vexetal | 107 |
1º | MP0578 | Produción de plantas e terróns de céspede en viveiro | 186 |
1º | MP0407 | Taller e equipamentos de tracción | 160 |
2º | MP0579 | Composicións florais e con plantas | 140 |
2º | MP0479 | Control fitosanitario | 87 |
2º | MP0583 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP0580 | Establecementos de floraría | 87 |
2º | MP0584 | Formación en centros de traballo | 410 |
2º | MP0577 | Mantemento e mellora de xardíns e zonas verdes | 176 |
2º | MP0581 | Técnicas de venda en xardinaría e floraría | 87 |
Título de Técnico en Xardinaría e floraría
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.