Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Realizar as actividades axeitadas para a obtención de produtos agropecuarios ecolóxicos con técnicas agrícolas e gandeiras, para a mellora da biodiversidade e da estabilidade do medio, e da fertilidade do solo, en condicións de calidade e aplicando a regulamentación de produción ecolóxica, de benestar animal, de prevención de riscos laborais e de protec-ción ambiental.

En que ámbitos se traballa?

En empresas públicas e privadas dedicadas ao cultivo e/ou á produción gandeira ecolóxica, por conta propia ou allea. Dentro da produción agroecolóxica atopamos as seguintes actividades: explotacións frutícolas, hortícolas e de cultivos herbáceos ecolóxicos; explotacións pecuarias ecolóxicas; empresas de produción de plantas para xardinaría ecolóxica; institucións de investigación e experimentación en cultivos e en produción gandeira ecolóxica; empresas de servizo á agricultura e á gandaría ecolóxica; viveiros e hortas escolares; empresas de certificación de produtos ecolóxicos; granxas-escola e aulas de natureza.

Que ocupacións se desempeñan?
Traballador/ora cualificado/a por conta allea e por conta propia en cultivos e en gandaría ecolóxica
Agricultor/ora ecolóxico/a
Criador/ora de gando ecolóxico
Avicultor/ora ecolóxico/a
Apicultor/ora ecolóxico/a
Produtor/ora de leite ecolóxico
Produtor/ora de ovos ecolóxicos
Viveirista ecolóxico/a
Operador/ora de maquinaria agrícola e gandeira
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0414 Formación e orientación laboral 107
MP0404 Fundamentos agronómicos 159
MP0405 Fundamentos zootécnicos 160
MP0406 Implantación de cultivos ecolóxicos 160
MP0408 Infraestruturas e instalacións agrícolas 107
MP0409 Principios de sanidade vexetal 107
MP0407 Taller e equipamentos de tracción 160
MP0413 Comercialización de produtos agroecolóxicos 70
MP0415 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0416 Formación en centros de traballo 410
MP0412 Manexo sanitario do agrosistema 105
MP0411 Produción gandeira ecolóxica 210
MP0410 Produción vexetal ecolóxica 192
Que título se obtén?

Título de Técnico en Produción agroecolóxica

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
Lugo