Folletos Web Ciclo
Realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal. Atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas públicas e privadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.
En calquera tipo de empresa, independentemente do seu tamaño e do sector de actividade, nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0449 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0156 | Inglés profesional | 160 |
1º | MP0438 | Operacións administrativas da compravenda | 133 |
1º | MP0448 | Operacións auxiliares de xestión de tesouraría | 160 |
1º | MP0440 | Tratamento informático da información | 267 |
1º | MP0441 | Técnica contable | 133 |
2º | MP0437 | Comunicación empresarial e atención á clientela | 123 |
2º | MP0439 | Empresa e administración | 123 |
2º | MP0446 | Empresa na aula | 156 |
2º | MP0451 | Formación en centros de traballo | 410 |
2º | MP0442 | Operacións administrativas de recursos humanos | 123 |
2º | MP0443 | Tratamento da documentación contable | 105 |
Título de Técnico en Xestión administrativa
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.