Folletos Web Ciclo
Proporcionar coidados auxiliares ao paciente ou cliente e actuar sobre as condicións sanitarias do seu contorno como membro dun equipo de enfermaría nos centros sanitarios de atención especializada e de atención primaria, baixo a dependencia do diplomado de enfermaría e, de ser o caso, como membro dun equipo de saúde na asistencia sanitaria derivada da práctica do exercicio liberal, baixo a supervisión correspondente.
Organización e xestión da unidade ou consulta, prestación do servizo e educación sanitaria.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | CM0FOL | Formación e orientación laboral | 55 |
1º | CM0304 | Hixiene do medio hospitalario e limpeza de material | 160 |
1º | CMHC55 | Horas á disposición do centro | 55 |
1º | CM0305 | Operacións administrativas e documentación sanitaria | 55 |
1º | CM0308 | Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao paciente | 130 |
1º | CM0RET | Relacións no equipo de traballo | 55 |
1º | CM0310 | Técnicas básicas de enfermaría | 320 |
1º | CM0311 | Técnicas de axuda odontolóxica e estomatolóxica | 130 |
2º | CM0302 | Formación en centros de traballo | 440 |
Título de Técnico en Coidados auxiliares de enfermaría
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.