Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 500 horas
Que se aprende a facer?

Planificar, avaliar e realizar proxectos de audiodescrición e subtitulación de obras audiovisuais, espectáculos en vivo e eventos, así como elaborar guións de audiodescrición e subtítulos, controlando os procesos e respectando o contido da mensaxe, a forma e a calidade, todo iso conforme á normativa vixente.

En que ámbitos se traballa?

Sector audiovisual, os espectáculos en vivo e os eventos.

Que ocupacións se desempeñan?
Guionista de proxectos de audiodescrición de obras audiovisuais e espectáculos en vivo e eventos
Subtitulador/a de obras audiovisuais e espectáculos en vivo e eventos
Locutor/a de proxectos de audiodescrición de obras audiovisuais e espectáculos en vivo e eventos
Revisor/a de guións de audiodescrición e revisor/a de subtítulos
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP5007 Audiodescrición de obras audiovisuais, eventos e espectáculos en vivo 164
MP5009 Locución, autoría e audionavegación 80
MP5008 Subtitulación de obras audiovisuais, eventos e espectáculos en vivo 136
Que título se obtén?

Máster de Formación Profesional en Audiodescrición e subtitulación.

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial
E Oferta ordinaria a distancia